Monday 06 de May de 2024

O Partido Popular de Oleiros celebra que a Xunta de Galicia haia asumido a execución das canalizacións que permitirán o saneamento do restaurante e as vivendas próximas ao Porto de Lorbé


AS XESTIÓNS REALIZADAS POLO GRUPO POPULAR #ANTE PORTOS DE GALICIA DERON Os SEUS FROITOS E DESPOIS DE 50 ANOS Os VECIÑOS DEIXARÁN DE NECESITAR A RETIRADA DE VERTEDURAS CUN TRACTOR CADA SEMANA, TENDO EN CONTA QUE O CONCELLO INSTALE O BOMBEO NECESARIO

A decisión adoptada por Portos de Galicia permitirá a posta en marcha do saneamento que leva xa cincuenta anos de atraso na zona. O máis grave da cuestión é que o saneamento é unha competencia municipal e, unha vez máis, o alcalde non quixo -ou non soubo- exercer a súa responsabilidade. Responde, neste caso, a Xunta de Galicia a favor dos veciños das vivendas e do establecemento próximos ao porto de Lorbé.

A este respecto referiuse Loli Silva, portavoz municipal do Partido Popular, “esiximos que o concello habilite canto antes a nova rede incluída dentro das obras de urbanización da zona que executou a Xunta de Galicia. É unha vergoña que os veciños dependan da extracción semanal dos residuos cun tractor e que leven así 50 anos. Agora é preciso que o alcalde dea a cara e non se esconda e que asine canto antes un convenio con Portos de Galicia que permita instalar o bombeo na zona portuaria e recoller todos os residuos para derivalos á depuradora”.